20 feb 2014
Referendo 23 de Frebreiro
ANOVA SANXENXO acude este Domingo a votar no Referendo a toda a militancia de ANOVA-IN
Desde a ANOVA-Sanxenxo defendemos este tipo de referendos de consulta a toda a militancia e animamos a participar a todos na democracia, a participación en votación, ademáis de participar nas asembleas abertas convocadas localmente.
18 ene 2014
ANOVA – IN DE SANXENXO LAMENTA O PECHE DO DISPENSARIO DE ATENCIÓN A DROGODEPENDENTES DE PORTONOVO - SANXENXO.
Reprocha ao Concello que non tomará ningunha medida para manter a atención e que agora os usuarios dese Servizo teñan que desprazarse ata O Grove.
No pasado mes de decembro os usuarios do Dispensario de Atención a Drogodependentes
de Portonovo - Sanxenxo recibían
unha carta na que se lles informaba do peche do servizo; e que a partir de
xaneiro deberían acudir ao Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias
do Grove. Segundo se mencionaba na carta
o motivo do peche era o cese do Convenio asinado entre os Concellos de Sanxenxo
e do Grove, polo cal se posibilitaba a atención aos usuarios residentes en
Sanxenxo nun Dispensario habilitado no edificio de Servizos Sociais que o
Concello de Sanxenxo ten en Portonovo (Rúa Rafael Picó)
Segundo os datos que puido recabar o Grupo local de
ANOVA – IN en Sanxenxo este convenio consistía por un lado en que o Concello de
Sanxenxo cedía uns locais para que os Terapeutas do SPAD do Grove se
desprazasen a Portonovo e prestasen atención a persoas residentes en Sanxenxo con
problemas de consumo de sustancias ou alcohol (sen ningún coste para o Concello
de Sanxenxo) e, por outro lado, no financiamento do persoal preciso para
atender un dispensario sanitario dende o que se dispensaba a metadona e medicación
aos usuarios/as, atendiase intercambio de xeringas – vacinacións e analíticas
dos pacientes. Todos estes servizos constituían unha “atención integral” a persoas con
problemas de drogas ou alcohol do Concello de Sanxenxo, non lle supuñan un
costo superior a 15.000 € ano ao Concello de Sanxenxo e segundo os datos
rexistrados polo SERGAS prestaba servizo a máis de 80 usuarios de xeito
continuado.
Co peche do Dispensario teñen que desprazarse ata O
Grove, tanto para consultas cos profesionais, como para recoller a medicación e
demáis servizos socio-sanitarios que se prestan dende o SPAD do Grove. Esto supón en primeiro lugar un coste
económico para moitos usuarios e familias afectadas que non dispoñen de moitos
recursos económicos, supón tamén o trastorno de ter que desprazarse varias
veces ao mes ata O Grove coas dificultades de comunicación pública entre os
dous Concellos e ademáis sobrecargase o Centro do Grove, ao ter que asumir a
proboación dos Concellos de Sanxenxo e Meaño.
Dende ANOVA – IN Sanxenxo criticamos que dende o Concello de Sanxenxo non
se moverá un dedo para evitar o peche do Dispensario e lembramos que unha das prioridades dun Concello e atender as necesidades
sociais e básicas dos vecinos. Entendemos que o costo do dispensario non supuña
unha enorme carga e se o problema son os recortes de axudas que á Consellería
de Sanidade está a someter aos Centros de Atención a Drogodependencias, non entendemos como polo menos se intentou
manter a atención terapéutica nas dependencias de Servizos Sociais por parte
dos profesionais do SPAD do Grove, facilitándolle así aos usuarios/as o poder
asistir a consultas e non tendo que desprazarse tan a miudo ata O Grove.
Non é de recibo que nos falen de investimentos de
centos de miles de euros en Pousadas ou paseos marítimos, de inicio da
recuperación económica, … e logo sexan incapaces de xestionar a continuidade
dun servizo básico para a saúde e o benestar dos vecinos de Sanxenxo afectados
pola problemática da drogodependencia.
Parece que o Partido Popular de Sanxenxo comparte a
estratexia do PP de Galicia e do estado, para os cales a saída da crise faise
recortando servizos e dereitos aos cidadáns.
Todos os días asistimos baixo a escusa da austeridade a anuncios de
recortes en Sanidade, como o copago dos medicamentos, en Educación, co recorte das becas ou en
Servizos Sociais coa reducción das axudas e agora en Sanxenxo os usuarios/as do
Dispensario de At. a Drogodependentes terán que asistir ao peche do Dispensario
e asumir o desprazamento ata O Grove co deterioro na calidade da atención que
eso pode supor e todo sen que o equipo de gobernó e a alcaldesa Catalina
Gonzalez de explicacións sobre esta decisión e tampouco ofreza ningunha
alternativa.
7 dic 2013
ANOVA PIDELLE AO PP QUE ASUMA RESPONSABILIDES POLÍTICAS POLA DESFEITA DA XESTIÓN URBANÍSTICA DE SANXENXO
Pide que a investigación xudicial
implique tamén aos responsables políticos que “planificaron” o modelo
urbanístico que está a provocar os problemas actuais.

Con respecto a investigación xudicial, ANOVA entende
perfectamente a diferencia entre estar imputado, procesado ou condenado, e por
eso neste momento da instrucción o que corresponde e solicitar “luz e
taquigrafos”, para que a investigación chegue ata o final, e se poida identificar a todos os responsables, tanto técnicos como a
nivel político, non só destes casos, senón de toda a desfeita urbanística que
se cometeu no Concello de Sanxenxo nos últimos anos.

Así podemos citar todo o conflicto que trouxo a
pretendida “Ronda” de Sanxenxo, trazada a espaldas dos veciños e “ao gusto” dos
promotores. Aquelas choivas traen agora
estes lodos poderiamos afirmar…. así podemos ver como nos últimos anos se lle acumulan ao Concello as denuncias e sentencias
en contra con indemnizacións incluidas. Exemplos como o do SU-13 en Montefaro onde o
Concello ten que devolver 3,8 millóns de euros pola non aprobación en tempo do
proxecto de urbanización, ou a indemnización de 500.000 euros para os chalets
de Dorrón agora investigados. Mencionar
tamén os problemas de desenvolvemento do SU de Dorrón – Festiñanza con terreos
urbanizables encima do mar afectados por costas ou o “bluf” do SU nº 5 de
Seixas – Padriñán polo cal o Concello de Sanxenxo ía a recibir unha “cidade
deportiva” e ao final quedou en “auga de borrallas”.

Esta desfeita urbanística ten uns responsables, todos e cada un dos sucesivos gobernos do
PP en Sanxenxo, cos seus acaldes a cabeza, Telmo Martín primeiro e Catalina
Gonzalez despois, que dende ANOVA coidamos que deben asumir
responsabilidades políticas por que Sanxenxo xa empece a ser coñecida como a
“Marbella galega”, con toda a mala imaxe que esta cuestión pode supoñer para un
Concello turístico como o noso. Tamén pedimos que os responsables provinciais e
galegos do Partido Popular (Sres. Louzán e Rueda) se pronuncien a respeito de se
este e o modelo urbanístico que defendes para os Concellos galegos.
Por eso compartimos e aplaudimos a iniciativa rexistrada polo Grupo
parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (coalición na que se
integra ANOVA) a semana pasada, no sentido de
pedir ao goberno galego que aparte das súas funcións a Encarnación Rivas,
actual Directora Xeral de urbanismo da Xunta de Galicia e tamén imputada polo
xulgado por ser no seu momento directora da Xerencia de Urbanismo do Concello
de Sanxenxo, responsable de informar favorablemente estas licenzas, e
ademais por participar logo, dende o seu posto de Directora Xeral no
procedemento de aprobación da modificación puntual do PXOM que tiña como
finalidade “legalizar” o edificio construido na rúa Progreso…
Para ANOVA e máis que evidente que esta persoa, a vista destas imputacións,
non pode seguir a ter atribuidas as competencias e funcións executivas en
materia de urbanismo e ordenación territorial da Xunta de Galicia. (achégase copia da nota de prensa e da PNL presentada polo deputado Antón
Sánchez no parlamento galego).
30 nov 2013
AGE esixe ao goberno galego o cese inmediato da secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, imputada penalmente por prevaricación

O nomeamento da secretaria xeral é
competencia da presidencia da Xunta, a proposta do conselleiro respectivo e
logo de deliberación do Consello da Xunta. E a secretaria xeral de urbanismo é
un órgano superior de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, directamente responsable da execución da acción de goberno no
sector de actividade específica da consellería correspondente ás súas
competencias, baixo a dirección da persoa titular destam nos termos fixados
pola lei de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector
público autonómico de Galicia, e polo correspondente decreto de estrutura
orgánica. As persoas titulares das secretarias xerais dirixen e coordinan as
direccións xerais previstas neste decreto correspondentes ao seu ámbito de
actividade.
En consecuencia, tal e como destacou o
deputado Antón Sánchez, unha secretaria xeral como é Encarnación Rivas, non é
goberno pero é a persoa directamente responsable de executar a acción do
goberno en materia de ordenación territorial e urbanismo, ostentando elevadas
competencias e funcións executivas en dita materia, a da ordenación territorial
e urbanística, que necesariamente obriga a persoa que as teña atribuídas non
estea directamente relacionada, como partícipe directa, en actuacións
contrarias á legalidade urbanística, algunhas delas xa depuradas na vía
contencioso-administrativa e outras en trámite na vía penal, razón pola que
Encarnación Rivas ten que ser a xuízo de Alternativa Galega de Esquerda cesada
de xeito inmediato por parte do goberno galego.
21 nov 2013
A xestión de Núñez Feijóo fai que Galiza perda autonomía financeira

No proxecto de Orzamentos da Xunta para o 2014, en trámite, o importe do total de operacións correntes (capítulos I ao V) : é de 7.213,8 millóns de euros e a suma de amortización capital e gastos financeiros da sección 22 (custo servizo débeda) é de 2.071,1 millóns de euros, polo cal a porcentaxe de custo da débeda sobre as operación correntes é de 28,71%, superior, por tanto, ao límite máximo do 25% que determina o art. 30.2 do DL 1/1999, Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (*)

Consecuencia de dito incumprimento é que no 2014 todas as emisións de débeda da Xunta deben ser previamente autorizadas polo Estado (**).
Para Alternativa Galega de Esquerda resulta sorprendente ao respecto que nin na Memoria dos Orzamentos nin no Informe Económico-Financieiro se conteña a máis mínima referencia ao incumprimento do límite máximo do 25% que fixa a normativa autonómica de réxime económico-financieiro nin ao feito de como consecuencia de dito incumprimento as emisións de débeda da Xunta teñan que ser previamente autorizadas polo Estado.
“Pese a que o señor Nuñez Feijoo presume de non ter que recorrer ao Fondo de Liquidez Autonómico, por unha suposta solvencia da Xunta de Galicia, e que con iso nos financiamos máis barato, a realidade é ben distinta á que nos pinta un presidente demasiado acostumado a mentir” declarou o deputado Antón Sánchez.
O Consello de Ministros do pasado 31 de outubro acordou autorizar á Xunta a formalizar préstamos a longo prazo (podes comprobar no enlace) en moeda distinta do euro e emitir débeda pública por importe de 257.588.000 €. Ditas operación de endebedamento teñen por finalidade o financiamento do déficit orzamentario do exercicio 2013, acordado no Consello de Política Fiscal e Financeira do pasado 31 de xullo.

E non só iso senón tamén superior á emisión recente de débeda doutras comunidades autónomas, caso, por exemplo, da de Canarias, cun tipo de interese nominal fixo do 1,75%.(podes comprobar no enlace)
Por todo elo AGE, a través do seu deputado Antón Sánchez, rexistrou no Parlamento unha interpelación para que a Xunta de Galicia aclare a situación do financiamento da débeda e do seu custo. O goberno da Xunta debería explicar e xustificar como nunha situación de descenso dos tipos de interese do mercado da débeda pública nos Orzamentos do 2014 os gastos financeiros medran nun 18% respecto do 2013. “O interese do señor Feijoo de vender unha imaxe falsa da súa xestión económica pagámola todos e todas os galegos e galegas en forma de máis custo da débeda e menor gasto social” sinalou o deputado Antón Sánchez.
(*) O art. 30.2 do vixente Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, en relación coa débeda, dispón que “A contía das anualidades de amortización, incluído capital e xuros, non poderá exceder do 25% dos ingresos correntes previstos nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma en cada ano”.
(**) A Disposición Transitoria Terceira da LO 2/2012, de estabilidade orzamentaria habilita temporalmente (ata 2020) a non aplicación do límite do 25% fixado no art. 14.2 da LOFCA, pero requerindo para elo a concurrencia de circunstancias económicas extraordinarias e que o seu obxectivo sexa a cobertura dos servizos públicos fundamentais e precisando, ademáis, que nese suposto as operación de débeda deben ser previamente autorizadas polo Estado.
18 nov 2013
PARADE!!!


Esta decisión afectará a milleiros e milleiros de menores galegos que comezaban con toda a ilusión do mundo esta tempada, e que de noite pra mañá poderían verse sen equipo, e o máis preocupante, os gastos dos pais e nais e principalmente dos equipos que xa están realizados.
A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, sendo cómplice das prácticas recortantes provintes de Madrid, non está apoiando á realización do deporte en xeral a todos os niveis, menosprezando disciplinas frente a outras, favorecendo uns equipos frente a outros, mantendo cargos, exercendo o enchufismo “por doquier”, as taxas abusivas das federacións, os prezos das entradas aos ximnasios,… Acaso alguén pensa que é unha boa xestión do deporte? Isto traerá consecuencias nas persoas de non favorecer á súa práctica: fomento do sedentarismo, enfermidades cardiovasculares, baixa autoestima, depresión, problemas para durmir, sensación de cansancio, problemas de relacións sociais, obesidade,…
A práctica do deporte non pode faltar nas nosas vidas e dende cativos haina que fomentar. É un deber da sociedade pra ter un futuro san.
15 nov 2013
Anova apoia as concentracións contra a sentenza do Prestige: NUNCA MÁIS!


Por iso, Anova apoia as concentracións que se celebran hoxe, venres 15 de novembro, en protesta contra a sentenza polo Prestige. Na Comarca do Salnes habera concentracións nos concellos de Vilagarcía e do Grove.
Porque hai que volver exercer a dignidade: NUNCA MÁIS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)