8 mar 2013

CHARLA INFORMATIVA S.O.S. SANIDADE PÚBLICA, MARTES 12 DE MARZO ÁS 20,30H CASA DA CULTURA DE DENA - MEAÑO


SOS SANIDADE PÚBLICA, NA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA
A política sanitaria da actual Xunta de Galicia está a deteriorar e facer inviable economicamente o sistema sanitario público galego como paso previo a súa privatización.
Co argumento de que a crise económica obriga a reducir gastos e a buscar apoio no sector privado, a Consellería de Sanidade tomou dúas importantes decisións que supoñen un punto de inflexión para o futuro da sanidade pública galega:
Reducir o orzamento sanitario, especialmente os capítulos de investimento, que perdeu 26 millóns de euros (30% do mesmo), e do gasto corrente destinado a garantir o funcionamento, que perdeu 22 millóns.
Dar entrada ao capital privado no financiamento e xestión das novas infraestruturas sanitarias recorrendo a Colaboración Público-Privada (PFI ou Concesión de Obra Pública) seguindo o exemplo das Comunidades Autónomas de Valencia e Madrid, onde tamén goberna e Partido Popular.

6 mar 2013

ANOVA SANXENXO APOIA AS DEMANDAS DOS PAIS-NAIS DE VILALONGA SOBRE O COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL






ANOVA – Irmandade Nacionalista apoia as demandas dos pais-nais de Vilalonga sobre o colexio de educación infantil.

Critica a mala xestión do Concello no tema dos terreos, e solicita que a partida orzamentaria se adique a reparar e acondicionar o colexio vello.

O grupo local de ANOVA – Irmandade Nacionalista en Sanxenxo quere expresar o seu apoio as reivindicacións dos pais e nais do Colexio de Educación Infantil e Primaria “O Cruceiro” de Vilalonga por ter unhas dependencias dignas para levar aos seus fillos a escola…

Para calqueira que faga un mínimo seguimento resulta evidente a cantidade de atrasos, incumplimentos e erros que o Concello de Sanxenxo ten cometido nesta cuestión, e que provocan que a día de hoxe estemos aínda lonxe de conseguir o novo colexio.

 
 Corria o ano 2003 cando a bombo e platillo anuncian na prensa o proxecto deo Revel, eran tempos de Telmo Martín e había que gañar as municipales, pero ala van 10 anos e ainda seguimos esperando polo colexio en Vilalonga. Só poden interpretarse como incumprimentos e atrasos que uns terreos conseguidos a finais do ano 2006, fai 6 anos, estean aínda hoxe sen urbanizar, ou que a pesares de que a Xunta emitiu informe comunicando a afección polo Plan de Ordenación do Litoral en decembro de 2010 o Concello non presentara as modificacións do Plan especial ata abril de 2012, case un ano e medio despois; ou non é un grave erro grafiar como terreos municipais máis de 3.000 metros de parcelas particulares???.

O resultado está a vista, a Xunta comunica que non valen os terreos cedidos no 2009 e para este ano rebaixa a partida orzamentaria a 150.000 euros. Dende Anova temos a sospeita de que o colexio de Vilalonga será presentado outra vez nas municipales do 2015, como o gran proxecto deste goberno. E evidente que de cara o próximo curso escolar non haberá novo colexio

 
 Preguntámonos se todas estas cuestións non se saberían en abril do ano pasado cando a corporación aproba, por unaminidade de todos os grupos, o novo plan especial, e porque dende aquela ata agora nadie fixo nada por resolver a cuestión, e non perder a partida de máis de 450.000 euros prevista nos orzamentos de 2012. Da a impresión de que non se fixo nada para seguir a manter unha mentira, a sabiendas de que non se cumpriria.

Agora aparece que o PP, fiel ao seu estilo de sempre, vendendo fume. Precisa 3000 m. pero falan de comprar máis de 5000 para non se sabe moi ben o qué. Terán que xestionar a adquisición ou expropiación de fincas, tramitar un novo Plan especial, solicitar novos informes as admnistracións, máis atrasos que se unen a que a Xunta parece ter renunciado a apostar xa por esa obra ao reducir a partida ao mínimo.

E por eso polo que dende ANOVA – Irmandade Nacionalista, a vista das dificultades que plantexa no corto prazo a construcción do novo Colexio, e logo de escoitar os testimonios dos pais e nais de alumnos sobre o lamentable estado do vello (con déficit de aislamento e nas condicións hixienico-sanitarias e incluso con presenza de roedores) solicitamos que o Concello de Sanxenxo pida o cambio de partida nos orzamentos da Consellería de Educación e que eses 150.000 euros non se perdan outra vez e sexan investidos en reparar e acondicionar o colexio vello “O Cruceiro”.

PAVILLÓN DO COLEXIO DA FLORIDA:

Lamentablemente, os recortes en educación e a deixadez nesta materia do equipo de goberno de Sanxenxo xa fai tempo que se notan no noso Concello, e non soamente en Vilalonga.

Adxuntamos unha fotos do pavillón do colexio da Florida – Sanxenxo, nas que se pode comprobar o estado indecente e denigrante no que se atopan as instalacions,
mentras tanto a responsable de educación, concelleira-diputada, viaxa de Madrid a Sanxenxo e volta, sen preocuparse polo estado do mesmo e en atender adecuadamente a sua responsabilidade….

Dende ANOVA Sanxenxo tamén reclamamos unha intervención urxente nesta instalación, para resolver os problemas máis acuciantes.

O Salnés, a 15 de Febreiro de 2013