O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu
voceiro e a iniciativa do seu deputado Juan Manuel Fajardo Recouso, ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición
non de lei para o seu debate en Comisión.
Exposición de Motivos:
Milleiros de pequenos armadores de Galicia, en realidade milleiros de pescadores artesanais, que co apoio suficiente da administración poderían crear emprego nunha situación como a actual, de acadar o apoio suficiente da Xunta de Galicia, están sendo de novo atacados polos gobernos de turno, neste caso polo proceso de regularización das súas embarcacións.
Durante anos a propia administración foi permisible co sector, incluso outorgando axudas públicas para modificar a realidade e configuracións das embarcacións utilizadas para a pesca nas nosas costas, polo que a día de hoxe a gran maioría das embarcacións cuias características actuais non concordan cos parámetros de orixe das mesmas.
O conxunto do sector defende a necesidade de actualizar e, polo tanto, legalizar a situacion da frota, pero non concorda cos métodos, por prazos e mecanismos utilizados, mecanismos que ademais fomenta a economía sumerxida e a especulación de catro que xogan coas necesidades do conxunto da flota. Parece necesario producir outro mecanismo de regularización que dé seguridade xurídica á realidade actual, xa que esta situación non supón maior esforzo pesquerio, pois xa é a situación actual e real, e sí ten que ver coa necesidade de fortalecer as medidas de seguridade das nosas embarcacións.

Debemos recordar que o modelo adoptado polo goberno de aportar GT´S e CV non ten
nada que ver coa mellora técnica das embarcacións, senón co mercadeo de
características nun mercado que, neste caso, é negro, xa que se fai mediante contratos
privados, onde non figuran nin cantidades nin aportacións fiscais, situación da que é
coñecedora a administración e que parece fomentar e non tratar de erradicar.
A realidade desta regularización é que se plantexa en termos de aportación económica
para os nosos pescadores, en medias de entre 10.000 e 20.000€ para cada embarcación,
o que na situación actual de crise suporá en moitos casos a desaparición das mesmas, ou
a quiebra das empresas que as sustentan.
Esta situación pon en risco centenares de postos de traballo e pode provocar a ruina
económica de numerosas familias, se non se adoptan en pouco tempo decisións políticas
que cambien esta barbaridade.
Polo exposto formulamos a seguinte
Proposición non de lei, para o seu debate en
Comisión:
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno Galego a:
1.- Dirixirse ao goberno central para que paralice a actual lei de regularización de
embarcacións, así como de xeito inmediato se amplíe o prazo de 4 meses imposto aos
armadores para aportas GT´s e CV.
2.- Apoiar as reivindicacións do sector e solicita do Goberno central a realización un novo
proceso de regularización definitiva e real da frota pesqueira, en base as características
reais que aporten os armadores e propietarios, mediante un censo que sea reflexo exacto
e real das actuais características das embarcacións.
3.- Dirixirse ao Goberno central para solicitar que se proceda a decretar a regularización
definitiva das embarcacións pesqueiras e marisqueiras de Galicia, nas mesmas
condicións declaradas polos propietarios, actualizando a totalidade das características
(GT´s, CV, materiais,..), mantendo as mesmas condicións declaradas e sin que dita
actualización supoña nin perda de dereitos pesqueiros, nin de dereitos de venta,
transmisión, contrucción ou aporte, garantizando ademais que este proceso se realice
mediante o menor aporte económico e as tramitacións burocráticas señan as mais fluídas,
rápidas e flexíbeis posibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario