Alternativa Galega de Esquerda (AGE) insiste na necesidade de loitar contra a
actual situación de abandono que está a sufrir o rural no noso país
establecendo un plan con actuacións transversais nos que a mellora da política
educativa constitúe un das claves. Os deputados Xabier Ron, Ramón Vázquez e
Antón Sánchez reuníronse esta mañá con representantes da Mesa Galega de
Educación no rural para tratar a situación de asfixia que se está a vivir no
rural a causa das políticas de volta atrás impulsadas polo conselleiro de
Educación, Jesús Vázquez.
Os
deputados de AGE e os membros da Mesa coincidiron en sinalar como urxente a
posta en marcha de iniciativas orientadas a loitar contra a situación de
abandono que está a provocar a actual política do Partido Popular no goberno
galego coa que está a provocar o desmantelamento do medio rural no seu
conxunto. Por iso, desde Alternativa Galega de Esquerda se insiste na
necesidade de elaborar un plan de fomento do rural desde unha perspectiva
transversal onde se integren accións de fomento da economía, infraestruturas,
servizos, educación…
No
encontro púxose de manifesto o papel da educación como ferramenta clave para o
desenvolvemento do mundo rural e os desafíos os que teñen que facer fronte como
o peche de unidades escolares ou comedores entre outros moitas cuestións. A
poboación rural non é de segunda e merece os servizos educativos en igualdade
respecto do resto da poboación tal e como sinalaron os membros da Mesa Galega de
Educación no rural. “Por ser rural non deixa de pagar os impostos para soster o
dereito básico da educación” concluíron. Desde Alternativa Galega de Esquerda
comprometéronse en continuar loitando pola mellora das condicións de vida do
mundo rural a través de iniciativas parlamentar como as que xa ten presentado
ata o momento co obxectivo dun proxecto global de desenvolvemento do mundo
rural galego.
Pero a Consellería de Educación obvia planificar o ensino no rural.
Alternativa Galega de
Esquerda (AGE) preguntou, con escaso éxito, polos planes da Consellaría de
Educación para o vindeiro curso no que respecta ao mapa escolar. A pregunta,
realizada na comisión 4ª de Educación, non era excesivamente complexa. “Que
centros ten pensado pechar a consellaría para o vindeiro curso?”, inquiriu o
deputado de AGE Ramón Vázquez. Non obtivo resposta, máis alá dunha escusa,
pronunciada polo secretario xeral do departamento de Educación, Jesús Oitavén,
relativa ao peche de matrícula “a finais de xuño” como base para a
planificación de centros da tempada 2013-2014.
Pero a preocupación
de Alternativa é máis profunda. Para Vázquez, o problema de fondo é que o
Goberno galego non realice unha planificación escolar específica para o medio rural.
“E Galicia, se non desenvolve o rural, non ten futuro”, apuntou. O
parlamentario de AGE afeou a Oitavén que non respondese ás preguntas concretas
do seu grupo parlamentario e criticou as desculpas económicas. Porque mentres
reduce unidades escolares e prazas nos colexios do rural, mantén o profesorado
de Relixión a soldo do Estado ou subvenciona centros que segregan os seus
alumnos por sexo e que violan os preceptos constitucionais que o PP tanto
afirma defender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario