Alternativa Galega de Esquerda (AGE) amosou o seu apoio
ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras dos cursos de
certificación en lingua galega ‘Celga’ que denunciaron esta mañá en rolda de
prensa o absoluto fracaso do proceso normalizador da lingua galega por parte da
Xunta de Galicia. Os portavoces do colectivo, Lorena López e Anxo Otero,
acompañados ddos deputados dos tres grupos parlamentares na oposición ( Ramón
Vázquez por AGE, Vicente Docasar por PSdeG e Ana Pontón polo BNG), dos sindicatos
(CIG, CUT e STEGA), da Mesa Pola Normalización e a Coordinadora de
traballadores da Normalización da Lingua, o colectivo de profesores puxo de
manifesto a precaria situación laboral na que se atopan sen contrato, nin
seguro, nin seguridade de se van ter ou non traballo entre outras moitas
cuestións.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a someter a medio millar de profesores e profesoras inscritos nas listas de contratación a unha insostible situación de precariedade pola que non saben cando van comezar a traballar, canto van a cobrar ou cando van a recibir o salario. Por todos isto, esixen a creación
dun corpo estable de profesorado e un proceso de contratación transparente e non como o actual que “regulase a dedo”.
O profesorado salientou así mesmo que “non é só un
problema laboral senón que atinxe a toda a sociedade xa que non se está a
ofrecer un servizo de calidade nin se está a cubrir coa demanda social que
teñen estes cursos”. O propio colectivo destacou a terrible organización
“contranormalizadora” que está a impulsar a Xunta de Galicia que ano tras ano
foi mermando a oferta ata chegar a ter unha soa convocatoria ao ano ao que se
suma unha mala distribución xeográfica e o reparto desigual xa que non se pode
cursar todos os niveis en todos os lugares. Os representantes do colectivo de
profesores sinalaron que na actualidade a Xunta está a investir 5 millóns de
euros fronte os 19 millóns de euros que investía fai 20 anos a Xunta
de Manuel
Fraga. Na rolda de prensa o portavoz da Mesa pola Normalización, Carlos Callón,
advertiu da gravidade da situación explicando que “o mínimo que se lle pide a
un goberno que quere normalizar a o galego e é medianamente serio é que dea
resposta á demanda da sociedade que quere aprender a linga”.
Desde Alternativa Galega de Esquerda denuncian a falla de
respecto da Xunta non só pola lingua do noso país coa que intentan acabar,
senón tamén polos dereitos laborais ao manter na precariedade máis absoluta a
estes traballadores e traballadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario