ANOVA SANXENXO APOIA AS DEMANDAS DOS PAIS-NAIS DE VILALONGA SOBRE O COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
ANOVA – Irmandade Nacionalista apoia as demandas dos pais-nais de Vilalonga sobre o colexio de educación infantil.
Critica a mala xestión do Concello no tema dos terreos, e solicita que a
partida orzamentaria se adique a reparar e acondicionar o colexio
vello.
O grupo local de ANOVA – Irmandade Nacionalista en
Sanxenxo quere expresar o seu apoio as reivindicacións dos pais e nais
do Colexio de Educación Infantil e Primaria “O Cruceiro” de Vilalonga
por ter unhas dependencias dignas para levar aos seus fillos a escola…
Para calqueira que faga un mínimo seguimento resulta evidente a
cantidade de atrasos, incumplimentos e erros que o Concello de Sanxenxo
ten cometido nesta cuestión, e que provocan que a día de hoxe estemos
aínda lonxe de conseguir o novo colexio.
Corria o ano 2003
cando a bombo e platillo anuncian na prensa o proxecto deo Revel, eran
tempos de Telmo Martín e había que gañar as municipales, pero ala van 10
anos e ainda seguimos esperando polo colexio en Vilalonga. Só poden
interpretarse como incumprimentos e atrasos que uns terreos conseguidos a
finais do ano 2006, fai 6 anos, estean aínda hoxe sen urbanizar, ou que
a pesares de que a Xunta emitiu informe comunicando a afección polo
Plan de Ordenación do Litoral en decembro de 2010 o Concello non
presentara as modificacións do Plan especial ata abril de 2012, case un
ano e medio despois; ou non é un grave erro grafiar como terreos
municipais máis de 3.000 metros de parcelas particulares???.
O
resultado está a vista, a Xunta comunica que non valen os terreos
cedidos no 2009 e para este ano rebaixa a partida orzamentaria a 150.000
euros. Dende Anova temos a sospeita de que o colexio de Vilalonga será
presentado outra vez nas municipales do 2015, como o gran proxecto deste
goberno. E evidente que de cara o próximo curso escolar non haberá novo
colexio
Preguntámonos se todas estas cuestións non se saberían
en abril do ano pasado cando a corporación aproba, por unaminidade de
todos os grupos, o novo plan especial, e porque dende aquela ata agora
nadie fixo nada por resolver a cuestión, e non perder a partida de máis
de 450.000 euros prevista nos orzamentos de 2012. Da a impresión de que
non se fixo nada para seguir a manter unha mentira, a sabiendas de que
non se cumpriria.
Agora aparece que o PP, fiel ao seu estilo
de sempre, vendendo fume. Precisa 3000 m. pero falan de comprar máis de
5000 para non se sabe moi ben o qué. Terán que xestionar a adquisición
ou expropiación de fincas, tramitar un novo Plan especial, solicitar
novos informes as admnistracións, máis atrasos que se unen a que a Xunta
parece ter renunciado a apostar xa por esa obra ao reducir a partida ao
mínimo.
E por eso polo que dende ANOVA – Irmandade
Nacionalista, a vista das dificultades que plantexa no corto prazo a
construcción do novo Colexio, e logo de escoitar os testimonios dos pais
e nais de alumnos sobre o lamentable estado do vello (con déficit de
aislamento e nas condicións hixienico-sanitarias e incluso con presenza
de roedores) solicitamos que o Concello de Sanxenxo pida o cambio de
partida nos orzamentos da Consellería de Educación e que eses 150.000
euros non se perdan outra vez e sexan investidos en reparar e
acondicionar o colexio vello “O Cruceiro”.
PAVILLÓN DO COLEXIO DA FLORIDA:
Lamentablemente, os recortes en educación e a deixadez nesta materia do
equipo de goberno de Sanxenxo xa fai tempo que se notan no noso
Concello, e non soamente en Vilalonga.
Adxuntamos unha fotos do
pavillón do colexio da Florida – Sanxenxo, nas que se pode comprobar o
estado indecente e denigrante no que se atopan as instalacions,
mentras tanto a responsable de educación, concelleira-diputada, viaxa de
Madrid a Sanxenxo e volta, sen preocuparse polo estado do mesmo e en
atender adecuadamente a sua responsabilidade….
Dende ANOVA Sanxenxo tamén reclamamos unha intervención urxente nesta instalación, para resolver os problemas máis acuciantes.
O Salnés, a 15 de Febreiro de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario