11 oct 2013
10 oct 2013
Breve crónica da última asamblea comarcal de Anova Salnés
O pasado sábado 5 de Outubro tivo lugar en Cambados unha
nova asemblea comarcal de Anova Salnés.
Foi unha asemblea algo atípica, no sentido de que
tiñamos un punto, o da fronte ampla, que criamos que necesitaba moito tempo
para o debate, polo que reducimos a orde do día, deixando algúns puntos, como a
presentación de contas (en Anova Salnés presentamos as contas en cada asemblea,
para que haxa total transparencia) para outra asemblea que se celebrara proximamente.
Polo que comezamos, da man dos compañeiros Xurxo, Ricardo e Andrea, cun resumo da situación e do
traballo de Anova na comarca. Expúxose como estaba a situación dos
mariñeiros afectados pola regularización, os que damos todo o noso apoio, cales foron os pasos dados dende Anova e dende AGE, e acordamos, como non podía
ser doutro xeito, seguir apoiándoos dentro das nosas posibilidades, tanto dende
o parlamento como dándolles respaldo na
rúa.
Tamén falamos da situación dos pensionistas que foron
emigrantes, e que agora teñen problemas
con facenda. Falamos dos actos realizados, como o de Portonovo, que tivo moi boa
acollida, sobre todo polo
formato, cun gran peso no aporte de información, mais
aló de criterios políticos. E tivemos oportunidade de felicitar ós compañeiros
de Ogrobe, que conseguiron que no pleno municipal se aprobara a apertura dunha
oficina de información para os afectados por esta situación, algo que solicitamos noutros
concellos da comarca sen resposta positiva. Dende logo estivemos de acordo na
necesidade de seguir traballando na mesma liña, buscando aportar solucións
antes que gañar rendas políticas.8 oct 2013
Chelo Martínez e Antón Sánchez denuncian a pasividade de Industria perante as graves irregularidades no plan de inversións de Unión-Fenosa

Antón Sánchez e Consuelo Martínez aseguran de que se non se actúa contra á empresa estarase a incorrer nun delito de prevaricación omisiva.
Consuelo Martínez e Antón Sánchez fixeron público en rolda de prensa as irregularidades detectadas polos propios técnicos e que foron remitidas á consellería. Entre elas, o informe desfavorable ao plan anual e plurianual de investimento para o período 2012-2015 por parte de Unión –Fenosa.
Alternativa Galega de Esquerda denunciou en rolda de prensa o posible delito de prevaricación omisiva no que pode incorrer o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Bernardo Taoces, ao non actuar contra as graves irregularidades cometidas pola empresa Unión-Fenosa Distribución S.A. e que foron xa denunciadas polos técnicos do servizo da Xefatura territorial da Coruña hai máis dun ano.
Consuelo Martínez e Antón Sánchez fixeron público en rolda de prensa as irregularidades detectadas polos propios técnicos e que foron remitidas á consellería entre as que se atopa o informe desfavorable ao plan anual e plurianual
Consuelo Martínez e Antón Sánchez fixeron público en rolda de prensa as irregularidades detectadas polos propios técnicos e que foron remitidas á consellería entre as que se atopa o informe desfavorable ao plan anual e plurianual
Comunicado perante a explosión no concello de Beade
Dende Anova Salnes queremos suscribir o comunicado realizado por Alternativa Galega de Esquerda perante a explosión dun artefacto no Concello de Beade. Nin tan sequera as mostras de franquismo, autoritarismo, fascismo e desprezo polo ser humano merecen o uso da violencia. Este non é o camiño da revolta cívica que dende Anova - Irmandade Nacionalista propugnamos.
Deixamos, a continuación, o texto de AGE:
Alternativa Galega de Esquerda manifesta a súa condena a todo tipo de violencia.
Alternativa Galega de Esquerda, en relación á explosión rexistrada na Casa Consistorial de Beade (Ourense), quere manifestar o seu rexeitamento ao ataque perpetrado contra a Casa do Concello de Beade. Trátase dun ataque contra a casa do pobo e, xa que logo, dun acto de violencia que ataca á cidadanía, ao conxunto de vecinos e veciñas de Beade.
Por todo isto, unha vez máis desde Alternativa Galega de Esquerda insiste en que condena calquera tipo de violencia sen distinción de ningún xénero.
Comunicado perante a explosión no concello de Beade
Dende Anova Salnes queremos suscribir o comunicado realizado por Alternativa Galega de Esquerda perante a explosión dun artefacto no Concello de Beade. Nin tan sequera as mostras de franquismo, autoritarismo, fascismo e desprezo polo ser humano merecen o uso da violencia. Este non é o camiño da revolta cívica que dende Anova - Irmandade Nacionalista propugnamos.
Deixamos, a continuación, o texto de AGE:
Alternativa Galega de Esquerda manifesta a súa condena a todo tipo de violencia.
Alternativa Galega de Esquerda, en relación á explosión rexistrada na Casa Consistorial de Beade (Ourense), quere manifestar o seu rexeitamento ao ataque perpetrado contra a Casa do Concello de Beade. Trátase dun ataque contra a casa do pobo e, xa que logo, dun acto de violencia que ataca á cidadanía, ao conxunto de vecinos e veciñas de Beade.
Por todo isto, unha vez máis desde Alternativa Galega de Esquerda insiste en que condena calquera tipo de violencia sen distinción de ningún xénero.
4 oct 2013
ANOVA CONVOCA UNHA ASEMBLEA PARA PRESENTAR A PROPOSTA DE CONSTITUCIÓN DUNHA FRONTE AMPLA PARA AS ELEICIÓNS EUROPEAS 2014
Será
o sábado, 5 de Outubro as 18.00 H. en Exposalnés – Cambados, e na mesma
participará o Comisionado nacional de Relacións Políticas de ANOVA, Luis Eyre
Dieguez
As
agrupacións locais de ANOVA Irmandade Nacionalista do Salnés teñen convocada
para este sábado unha Asemblea coa finalidade de presentar a proposta de
configuración dunha Frente Ampla de cara as próximas eleicións ao parlamento
europeo do 2014. Terá lugar as 18.00
Horas no Edificio Exposalnés – Cambados e como
todas as asambleas de ANOVA será aberta non só a militantes e simpatizantes,
senón a todas aquelas persoas as que lles interese coñecer a proposta ou
aportar o seu grao de area para colaborar nunha alternativa política e social
contra as políticas dos gobernos actuais.
Para
a presentación da proposta aprobada pola Coordinadora Nacional de ANOVA participará na Asemblea, Chelo Martinez, deputada de A.G.E., e Luis Eyre Dieguez,
Membro da Dirección Permanente Nacional e Comisionado de Relacións Políticas. Eyre e un dos membros de ANOVA que está a
participar nas xuntanzas con outras organizacións políticas as que se lle
presentou a proposta de constitución da Frente Ampla.
Como se explicita na proposta aprobada (preme aqui) a Frente Ampla pretende ir incluso máis ala do
obxectivo de conseguir representación no parlamento europeo, senón tamén ter a oportunidade
de intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara a un novo ciclo político
que está a ser propiciado polo activismo da cidadanía.
A crise económica e os seus efectos sobre as maiorías sociais pola
xestión que daquela se está a facer; o desemprego e os recortes en dereitos e
liberdades sociais; a situación da UE secuestrada por institucións
"tecnocráticas"; a posibilidade da fin do réxime nacido da
transición, e os efectos que todo iso ten nunha Xunta de Galicia e demais
institucións autonómicas cada volta máis inservíbeis para a cidadanía galega, reclaman que traballemos combinadamente en
todos eses ámbitos.
ANOVA mantivo dende a súa creación unha aposta nídia pola unidade de
acción tanto das forzas nacionalistas como da esquerda e dos movementos
cívicos. Esa aposta e a que lugar por exemplo nas últimas eleicións a coalición
eleitoral Alternativa Galega de Esquerdas.
O que se pretende agora e impulsar un proceso de creación dunha Fronte
Ampla nunha primeira instancia a nivel
da nación galega como suxeito político soberano, e posteriormente traballar
para a constitución dunha plataforma integrada por forzas similares do resto do
estado español. Isto concretouse nun acordo que se resume nos dous puntos
seguintes:
1. Facer un chamamento a todas as forzas políticas galegas nacionalistas
e da esquerda rupturista, aos movementos cívicos, para dialogar e conformar un
acordo de unidade de acción electoral para as eleccións europeas baixo a
fórmula dunha fronte ampla non excluínte.
2. Facer un chamamento ás organización políticas, e tamén ás plataformas
e organizacións cívicas das outras nacións, para que baixo o principio do
máximo respecto á autoorganización de cada unha delas, constitúan o seu suxeito
político plural disposto a partillar connosco nunha coalición electoral que
teña como propósito común a loita pola fin do réxime, a ruptura democrática e a
democracia real.
OUTROS TEMAS DA ASEMBLEA
COMARCAL
Os
asistentes a Asemblea de ANOVA tamén terán ocasión de coñecer os posicionamentos de ANOVA – Salnés sobre diversas
problemáticas de ámbito comarcal como é a situación dos emigrantes retornados, aos que a Axencia Tributaria lles
está a mandar Expedientes sancionadores pola non declaración das súas pensións
do extranxeiro; ou o caso dos mariñeiros propietarios de embarcacións menores
con problemas para regularizar as súas embarcacións. Dende ANOVA xa
manifestamos públicamente o noso apoio as demandas destes dous colectivos.
Xa
no nivel organizativo, debatirase a situación da organización a nivel comarcal
e elixirase a persoa que se incorporara a Coordinadora Nacional de ANOVA en
representación da área comarcal do Salnés.
1 oct 2013
CHARLA INFORMATIVA “A tributación dos emigrantes retornados: Problemas e solucións”
A Agrupación
local de ANOVA no Concello de Sanxenxo vai organizar unha charla informativa
sobre esta cuestión dirixida ao
colectivo de emigrantes retornados.
Baixo o título
“A tributación dos emigrantes
retornados: Problemas e solucións” esta charla terá lugar o próximo mércores, día 2 de outubro, ás 20.30 Horas no
Edificio Multiusos de Portonovo.
Na mesma intervirán
ademáis dun membro da agrupación local,
un Xestor Profesional – Colexiado
mercantil, Xurxo Charlín Trigo,
que explicará a lexislación
referente á tributación
dos emigrantes e responderá
as preguntas dos asistentes sobre recursos ádisposición
dos afectados; e o Deputado de
Alternativa Galega de Esquerda, Juan Fajardo, que informará
sobre as medidas propostas dende AGE no Parlamento Galego así
como os acordos conseguidos ao respecto.
A asistencia á
charla é libre e convídase
a todas as persoas interesadas no tema a que asistan á
mesma.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



